Rede Iberoamericana de Asistencia Xudicial Internacional

Nos esforzos pola consecución dun Espazo Xudicial Iberoamericano, constituíuse a Rede Iberoamericana de Asistencia Xudicial (IberRED). Ten como obxectivo ser un instrumento facilitador da asistencia xudicial no ámbito iberoamericano mediante a conformación dunha rede de operadores xurídicos que realizan tarefas de intermediación activa, axilización, reforzamento, simplificación e facilitación dos mecanismos tradicionais de cooperación xudicial internacional, ideada sen menoscabo do ámbito de competencia dos Poderes Lexislativos e Executivos dos Estados.

Constituída no mes de outubro de 2004, a IberRED está integrada por correspondentes nacionais das Cortes Supremas e Tribunais Supremos de Xustiza, dos Consellos da Xudicatura, dos Ministerios Públicos e dos Ministerios de Xustiza ou Autoridades Centrais dos países que conforman a Comunidade Iberoamericana de Nacións.

Exerce como Secretaría Permanente da IberRED a Secretaría da Conferencia Iberoamericana de Ministerios de Xustiza, que ostenta o Ministerio de Xustiza de España.

Ademais da súa labor operativa, a IberRED celebra reunións anuais dos seus puntos de contacto e desenvolve estudios en grupos de traballo constituídos ao efecto.