Mediación penal

Na mediación penal, vítima e infractor, a través dun proceso de diálogo e comunicación confidencial, conducido e dirixido por un mediador imparcial, recoñécense capacidade para participar na resolución do conflito derivado do delito.

Posibilítase a reparación do dano causado e a asunción das consecuencias provocadas, propiciando no imputado a responsabilidade persoal e permitindo á vítima ser escoitada e resarcida.

Se ben na lexislación penal de adultos a mediación non se considera, a Decisión Marco do Consello da Unión Europea do 15 de marzo (2001/220/XAI), relativa ao estatuto da vítima no proceso penal establece que: "Os Estados membros procurarán impulsar a mediación nas causas penais [...]. Velarán para que poida tomarse en consideración todo acordo entre vítima e inculpado que se alcanzase con ocasión da mediación [...]. Os Estados membros poñerán en vigor as disposicións legais necesarias para dar cumprimento ao estipulado, como moito o 22 de marzo de 2006” (arts. 10 y 17). 

¿QUE FINS PERSEGUE A MEDIACIÓN NO PROCESO PENAL?

  • Asegurar unha efectiva protección á vítima mediante a reparación ou diminución do dano causado polo delito. Se non existe vítima, a reparación poderá ter carácter simbólico ante a comunidade social.
  • Responsabilizar o infractor sobre as consecuencias da súa infracción.
  • Pode atenuar a pena.
  • Procurar medios para a normalización da súa vida.
  • Restablecer a convivencia e o diálogo comunitario.
  • Devolver protagonismo á sociedade civil.
  • Coñecer as causas reais e as consecuencias do conflito, buscando a fórmula máis idónea para satisfacer as necesidades persoais de vítima e infractor. 

¿COMO SE PODE PARTICIPAR NO PROXECTO DE MEDIACIÓN PENAL?

Os órganos xudiciais que estean interesados en participar no proxecto, necesitarán, previamente á súa incorporación:

  • Contar coa colaboración institucional -CCAA, Concellos, Universidades, Colexio de Avogados..., que permita orzamentariamente contar cun acreditado grupo de profesionais da mediación, así como dotar dun lugar axeitado para a celebración dos encontros.
  • Contar co interese e acordo da Fiscalía na participación do proxecto.
  • Comunicar o Consello Xeral do Poder Xudicial, a través do Servizo de Planificación e Análise da Actividade Xudicial, a súa vontade de participar no proxecto.